IniciosociedadeFoz súmase ao programa Xantar na Casa

Foz súmase ao programa Xantar na Casa

O Concello anima ás familias a solicitar información sobre este servizo de subministro de comidas no propio domicilio a persoas dependentes ou en risco de exclusión social

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anunciou este luns que porá en marcha o servizo de comida a domicilio Xantar na Casa, dirixido a persoas maiores e dependentes. A concelleira de servizos sociais, Ana Rojo, anima as familias interesadas a solicitar información neste departamento municipal.

O servizo é froito dun convenio por parte do goberno local de Foz e do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar Social, da Consellería de Política Social, asinado o pasado 31 de xullo.

Segundo expón Rojo, “Xantar na Casa pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada evidentemente ás necesidades das persoas maiores ou dependentes, con déficit de autonomía persoal. Ademais disto, as necesidades básicas e instrumentais desas persoas, por exemplo para xente que non pode ir facer a compra ou non pode elaborar a comida diaria”.

ALIMENTACIÓN PERSONALIZADA

A concelleira de servizos sociais e familia sostén que “o obxectivo principal é mellorar o nivel de benestar e a calidade de vida desas persoas beneficiarias e das súas familias, mantendo no seu entorno do fogar á persoa demandante do servizo e evitando ou retardando a institucionalización desas persoas. Dende o Concello de Foz avogamos porque cada persoa poida decidir e se quere vivir na súa casa poder darlle este tipo de servizos”, indica Rojo, que engade que a alimentación “atende os casos de xeito personalizado”. 

“É comida tradicional pero ao mesmo tempo adaptada á liña en frío, que se chama así porque é cociñada e despois báixase a temperatura rapidamente para que non proliferen as bacterias. Sérvese en bandexas seladas, sen conxelar nin pasteurizar. É comida tradicional cocida e asada, pero non se frite. As condicións hixiénico sanitarias están garantidas”, conclúe Rojo.

TRES POSIBLES TIPOS DE BENEFICIARIO

En canto ás persoas beneficiarias, a concelleira explica que “hai tres tipos que poden optar a estes servizos: maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que poida suplir tal situación, o quere dicir que non vivan con ninguén que poida cociñarlles; ou persoas dependentes que carecen de apoio familiar e que requiren de axuda para a preparación de alimentos; ou tamén persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais, e sempre que se estea intervindo dende outro programa para resolver a súa situación de exclusión, como por exemplo unha persoa está recibindo o Risga”, sostén.

1,67 EUROS POR USUARIO

A edil anima “ás persoas de Foz que queiran ser beneficiarias deste servizo e ás súas familias a que se acheguen aos servizos sociais a pedir toda a información que consideren sobre o Xantar na Casa pois alí facilitaráselles sen ningún problema. En canto aos custes, o Concello achega unha parte, a Administración outra e os usuarios abonan 1,67 euros, cantidade que é asumible polas persoas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...